Hai quen cre que son a rapaza “improbabilidade”, seica na miña persoa confluén todas as forzas do universo para confirmar iso de que “a excepción confirma a regra”.
Despois dun mes de inverosimiles concatenacións de acontecementos, estou por crer que son unha “enviada”, eso sí, non sei moi ben de onde ou de que, porque procedan de onde procedan as forzas que influen na miña vida, podo decir que se coidan bastante de que non sexa en sentido positivo,(non vaia ser que un exceso de pseudocontento me faga perder o sentido da realidade, que debe ser primordial para non perder contacto co meu planeta de orixe, sí, ese dende o que me enviaron).
Podo decir que no prazo dun mes sufrin unha constante metamorfose emocional, o meu vivir cotian, sen maior trascendencia, trastócase, descubro un mundo case esquencido que se torna real, voltan os recordos, logo de súpeto, para unha vez que me dou por aludida censúranme e o mellor de todo cando xa nada pode ser máis desazonador, resulta que se xuntan ante as miñas narices os dous grupos de persoas máis antagónicos que coñezo, non debería ter maior trascendencia, se non fose porque coñecéndoos a todos e coñecéndonos todos, é curioso ver, como xente que che outorga toda a súa indiferencia máis absoluta e xente que che ten considerable aprecio conflúen ante os teus ollos como un todo. Pasado e presente tornouse nun macabro divertimento das forzas esas que me controlan.
Vexo deambular as persoas ante min e con elas todas as miñas emocións, recolócanse de súpeto e deixan os seus antigos lugares para ir aparecendo ó meu carón e aproximarse a min coma bofetadas de realidade. Só podo dicir que “me cago na improbabilidade”.
Señorita das improbabilidades improbables!!!!
Segundo este punto de vista cobraría sentido o modo educacional que empregou a tua nai… aliada dos alieníxenas?? O cal, o mesmo tempo, explicaría o seu apetito insaciable… combinado ca súa capacidade de combustión de alimentos…
Puf, esta teoría deberíamola desenrolar ampliamente un sábado pola noite…
O que queda claro é que a túa capacidade de rompelas probabilidades só é efectiva cas cousas negativas… ninquén dixo que ter superpoderes fose fácil… sintoo!!! tranquila, superarémolo xuntas (chorando da risa, por iso de non variar).