Debemos ter coidado con aquilo que desexamos, pois as veces, cúmprese.
Xa sei que é completamente incoherente, pero é unha advertencia, xa que cando menos o esperas o mundo dos desexos e as fantasias, que son tan productivas e tendentes á resolución positiva,( aínda que non en todos os casos), chocan de fronte coa inevitable realidade. E de súpeto o imposible tornase en inminente e o improbable no agora.
Atopei o que buscaba, que máis se pode pedir, de forma inexplicable unha das miñas obsesións insanas e sen sentido, atopa coma nun espello o reflexo doutra obsesión, a nosa, a mesma. Poderia aliviarme descubrir que non son a única demente deste par desparellado, pero non, só me ofrece anguria e desalento a miña cobardia, a que foi, e a que agora ante un berro na desesperación, o carón da tristura máis fonda, non se ergue e berra ESTOU AQUI!.