A verdade e que non teño nada especial que contar, se cadra dias e mais dias que se amontonan na axenda, porque xa pasaron, sen pena nin gloria. Uns amigos por aqui, coñecidos por alá e o mellor de todo unha continua monotonia que lonxe de ser abafante constitue certa seguridade, polo menos momentánea.
Seres e mais seres que pasan ó meu carón e non deixan nin sequera un pequeno rastro, non xeneran curiosidade, ninguens e mais ninguens cos que me confundo, tentando esquencer o caos.
O resto é todo felicidade e marabilla, cor, son, divertimento continuo. Onde? a verdade non me resulta fácil achar onde nin por que, pero achei un estado de ledicia latente, iso si, persoal e intransferible, no centro da adversidade.
Pois miña filla, imos o revés… eu cun autismo e unha seriedade-apatía interna que non me soporto nin a min mesma… e ti feliz da vida…
Seremos o Ying e o Yang?!?!? O mellor é para que nos vaiamos compensando… porque os días que estamos as dúas de mala hostia… qué medo!!!!!!
Espectacular!!! Que no decaiga la fiesta!!!!
Ando a curiosear polas túas liñas e os teus blogs. Deixo constancia da miña visita pola túa casa…amén de irme sorprendendo,paseniñamente,como vai ésta…amodiño…
Bicos,
María.