Como hoy he descubierto que nadie, nadie, pero nadie, ni mi santa madre ha visto mi blog, he decidido vender mi alma y sobre todo mi dignidad. Una vocecita me dice que “es que como está en gallego es difícil que aparezcan más visitas por error, porque nadie realiza busquedas en gallego”, asi que viva el español, porque somos campeones de europa, tenemos a Nadal, a Gasol y a Antón (de Alonso pasamos que va tan rápido que es como si no estuviese). Bueno, en realidad era una reflexión sobre el idioma, pero que más da, si nadal habla mallorquín y si hiciese un blog seguro que lo leerian hasta en chino, yo no me quiero comparar, pero un poquito de misericordia, que estoy renegando de mi lengua materna para tener una visitilla más en el blog. Si alguien se encuentra “por error” en este “o meu lar” que sepa que será bien acogido y deseado, sobre todo, deseado.
Ollar, descubrir, saudar,
sorrir, conversar,coñecer,
interesar, desculparte, camiñar
cantar, alegrar, abarcar,
tocar,bailar,decatarme,
partir.
Buscar, atopar,querer,
perderte,chorar, encontrarse,
agarrarmonos, abrazar,permanecer,
beixar, chover, sentir,
escoitar, preguntar,rir,
responder,esculcar,magoarte,
tremer,acovardar,fuxir
agardarte.
Escrito en 1 | 3 Comentarios »
Hai quen cre que son a rapaza “improbabilidade”, seica na miña persoa confluén todas as forzas do universo para confirmar iso de que “a excepción confirma a regra”.
Despois dun mes de inverosimiles concatenacións de acontecementos, estou por crer que son unha “enviada”, eso sí, non sei moi ben de onde ou de que, porque procedan de onde procedan as forzas que influen na miña vida, podo decir que se coidan bastante de que non sexa en sentido positivo,(non vaia ser que un exceso de pseudocontento me faga perder o sentido da realidade, que debe ser primordial para non perder contacto co meu planeta de orixe, sí, ese dende o que me enviaron).
Podo decir que no prazo dun mes sufrin unha constante metamorfose emocional, o meu vivir cotian, sen maior trascendencia, trastócase, descubro un mundo case esquencido que se torna real, voltan os recordos, logo de súpeto, para unha vez que me dou por aludida censúranme e o mellor de todo cando xa nada pode ser máis desazonador, resulta que se xuntan ante as miñas narices os dous grupos de persoas máis antagónicos que coñezo, non debería ter maior trascendencia, se non fose porque coñecéndoos a todos e coñecéndonos todos, é curioso ver, como xente que che outorga toda a súa indiferencia máis absoluta e xente que che ten considerable aprecio conflúen ante os teus ollos como un todo. Pasado e presente tornouse nun macabro divertimento das forzas esas que me controlan.
Vexo deambular as persoas ante min e con elas todas as miñas emocións, recolócanse de súpeto e deixan os seus antigos lugares para ir aparecendo ó meu carón e aproximarse a min coma bofetadas de realidade. Só podo dicir que “me cago na improbabilidade”.
Escrito en 1 | 1 comentario
Debemos ter coidado con aquilo que desexamos, pois as veces, cúmprese.
Xa sei que é completamente incoherente, pero é unha advertencia, xa que cando menos o esperas o mundo dos desexos e as fantasias, que son tan productivas e tendentes á resolución positiva,( aínda que non en todos os casos), chocan de fronte coa inevitable realidade. E de súpeto o imposible tornase en inminente e o improbable no agora.
Atopei o que buscaba, que máis se pode pedir, de forma inexplicable unha das miñas obsesións insanas e sen sentido, atopa coma nun espello o reflexo doutra obsesión, a nosa, a mesma. Poderia aliviarme descubrir que non son a única demente deste par desparellado, pero non, só me ofrece anguria e desalento a miña cobardia, a que foi, e a que agora ante un berro na desesperación, o carón da tristura máis fonda, non se ergue e berra ESTOU AQUI!.
Escrito en 1 | Etiquetado Add new tag | Deja un Comentario »
Quen non se protexeu baixo a seguridade que ofrece semellante afirmación. Non se pode pedir mais, o resumo en poucas palabras da xustificación do inxustificable, da explicación que nos piden e que xamais ofreceremos. Sí, a liña que nos limita, os incomprendidos contra os restantes practicantes deste xogo de vivir.
Escrito en 1 | 1 comentario
A verdade e que non teño nada especial que contar, se cadra dias e mais dias que se amontonan na axenda, porque xa pasaron, sen pena nin gloria. Uns amigos por aqui, coñecidos por alá e o mellor de todo unha continua monotonia que lonxe de ser abafante constitue certa seguridade, polo menos momentánea.
Seres e mais seres que pasan ó meu carón e non deixan nin sequera un pequeno rastro, non xeneran curiosidade, ninguens e mais ninguens cos que me confundo, tentando esquencer o caos.
O resto é todo felicidade e marabilla, cor, son, divertimento continuo. Onde? a verdade non me resulta fácil achar onde nin por que, pero achei un estado de ledicia latente, iso si, persoal e intransferible, no centro da adversidade.
Escrito en 1 | 3 Comentarios »
Siiiii, xa aprobei comentarios, metinme no blog…bueno, todo un exceso, pero como vexo que se acrecenta a vosa impaciencia, non vos vou defraudar, e dedicareivos unhas liñas, de… algo.
Escrito en 1 | Deja un Comentario »
Chegou a hora, por fin as musas se reuniron e lograron que entre elixir quedarme durmida encima dos apuntes nun lugar público, véxase, biblioteca, ateigado de xente ou escribir neste meu blog…elixira deleitarvos cunhas letras.
Queeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeero ter vacacións!
e dormir infinito,
bueno, e se cadra aprobar tamén.
Escrito en General | 3 Comentarios »
Ninguén me pode acusar de non ter avisado, eu xa dixen que o meu blog ia ir despaciño, o que avisa non é traidor.
Escrito en General | 1 comentario
Como vexo que hai almas que se molestan en acceder a páxina teño a ben avisarvos de que este é un blog de proceso lento asi que non desesperedes todo chegará.
Escrito en General | 3 Comentarios »